Unha rutina tan similar día tras día, fainos perder a noción do tempo e dos días, incluso aos adultos. Por iso, para centrarnos un pouco máis e axudar a que os máis pequenos se sitúen no tempo, propóñovos esta actividade de “CORONA DIARIO”.
Trátase de que o neno/a cree un diario durante o período de cuarentena que estamos a vivir. Os pasos son os seguintes:
Unha vez situados, no calendario, procederemos á elaboración do noso diario. Para elo precisaremos papel (folios ou caderno/libreta) e útiles de escritura. De non ter, tamén o podemos facer en formato dixital no ordenador. Se dispoñedes de impresora, tamén podedes imprimir o pdf que vos axunto.
Neste diario recolleremos 4 aspectos:
- Data: Cada nen@ escollerá se quere comezar facendo unha data larga (Luns, 23 de marzo de 2020)ou unha data corta (23-03-2020). Nos días sucesivos iremos alternando unha coa outra.
A dificultade de escritura vai a depender de cada un. Haberá quen a escriba sen copiar por si só, haberá quen precise copiala, por medio de ditado letra a letra. Nos casos dos nenos e nenas de menor idade 3-4 anos tamén pode ser unha boa opción escribirlla un adulto con un rotulador tipo marcador, e logo repasala.
- O tempo atmosférico: pode ser mediante un debuxo do tempo fai.
- O estado de ánimo: trátase de que representen como se senten mediante un emoticono (triste, contento, asustado, enfadado...)
- A noticia do día: ben mediante un debuxo ou unha oración, facer unha breve descrición da noticia destacada do día por exemplo: hoxe vin Mascotas 2 en familia...
2. Se optamos por facelo folio a folio iremos gardando un a un nunha funda plástica. Unha vez rematado, un adulto graparallo, a modo libro.
3. Sexa cal sexa o formato que decidamos para crear o diario, imos a precisar tamén unha portada. Esta é de deseño totalmente libre para o neno/a.
MODELO PDF
Commenti