top of page

RUTINA DIARIA DE TRABALLO ESCOLAR

  • Foto del escritor: PROFE YOLI
    PROFE YOLI
  • 29 mar 2020
  • 1 Min. de lectura

Chegados a este punto, podemos dicir que xa temos un horario establecido, así como una rutina de traballo marcada que é a seguinte:

- Consultar o calendario para recoñecer o mes, e o día no que nos atopamos. Aquí podemos engadir, agora que imos comezar un novo mes, a seguinte actividade.




Trátase de ir recollendo cada día o tempo atmosférico e ao final do mes facer o reconto correspondente.

- Traballo de contidos: unha actividade que variará cada día. Neste espazo podedes tomar como referencia as actividades que vos vou propoñendo. As da semana pasada foron: ioga, poesías da primavera, debuxo con felicitación para un compañeiro...

- Rematamos o tempo adicado ao traballo escolar coa realización do corona diario. Agora que levamos unha semana con esta actividade, e xa que imos engadindo tarefas no traballo de contidos, quen o precise, porque se lle fai moito, poderá espaciala. Deixándoa como unha actividade de rutina semanal que se realizará cada venres. Así, poderán debuxar o que foi para eles o mellor día da semana.

Comments


Commenting on this post isn't available anymore. Contact the site owner for more info.

©2020 por PEQUECHOS DA PROFE YOLI. Creada con Wix.com

bottom of page