Este é un xogo ao que comezamos a xogar por equipos na nosa aula. Encantáballes. Sempre me pedían que querían volver a xogar. Pois ben, agora seguro que lles gustará xogar coa familia.
MATERIAIS:
Folios/cartón reciclado
Ceras
Tesoiras
1 goma/turbante
PROCEDEMENTO:
O xogo consiste en que cada xogador se coloque unha tarxeta na fronte (sen saber cal lle tocou) e ten que adiviñar que persoa, obxecto, animal... é. Para colocar a Tarxeta pódese empregar velcro ou poñela por dentro da goma.
A norma principal é que só poden facer preguntas que teñan como resposta SI ou NON. Son un animal?, Vivo no mar?, podo voar?...
O interesante é que sexan el@s mesmos os que fagan as tarxetas. Dobrar o folio en 4 metades e sairan tarxetas de 15x10.5. Ou ben cortalas deste tamaño aproximado no cartón, así reciclamos. Unha vez que temos as tarxetas listas, só teñen que pensar cales son as cousas que queren debuxar e facelo.
Estades preparados para un momento divertido?
A XOGAR!
Commenti