top of page

DÍA DA FAMILIA

  • Foto del escritor: PROFE YOLI
    PROFE YOLI
  • 15 may 2020
  • 1 Min. de lectura

O día internacional das Familias celébrase o 15 de maio de cada ano para crear conciencia sobre o papel fundamental das familias na educación d@s fill@s dende a primeira infancia.


As Nacións Unidas consideran que a familia constitúe a unidade básica da sociedade. Neste contexto, o Día Internacional das Familias dános a oportunidade de fomentar e favorecer o mantemento e a mellora da unidade familiar.


Unha boa proposta para a celebración deste día é ver unha peli tod@s xuntos, facer unha comida familiar, un bo paseo cunha reportaxe fotográfica, para gardar en imaxes, os nosos recordos xuntos; ou tamén unha manualidade como adoitabamos facer na escola... Aquí abaixo podedes ver algunhas ideas. Agardo que vos gusten!


FELIZ DÍA DA FAMILIA!




Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


©2020 por PEQUECHOS DA PROFE YOLI. Creada con Wix.com

bottom of page