top of page

HORARIO DE RUTINAS

  • Foto del escritor: PROFE YOLI
    PROFE YOLI
  • 21 mar 2020
  • 1 Min. de lectura


Trala suspensión temporal das clases presenciais, a nosa primeira recomendación é a organización, en familia, dunha nova lista de rutinas para os vindeiros días, poida que semanas...

En familia podedes facer un horario, o máis real posible, sobre como van a ser as rutinas na casa. Os nenos e nenas teñen que ser partícipes, ou incluso facelo eles coa vosa axuda, na medida das súas posibilidades:

  1. Entre todos decidides e pautades as tarefas a facer e as horas nas que se van a facer.

  2. Toca escribilo. Algún poderá facelo de forma autónoma, outros ditándolle letra a letra, copiando, repasando... Esta dificúltale podedes adáptala en función do neno/a.

  3. Agora a decorar: poden facer debuxo representativo da tarefa que corresponda, ou facerllo vós e eles despois que pinten. Estamparlle selos que teñades pola casa, recortes de revistas... todo o que a vosa imaxinación e os medios que teñades vos permitan.

  4. Colgalo nun lugar visible na casa e intentar cumprilo.



Entradas recientes

Ver todo

Comments


Commenting on this post isn't available anymore. Contact the site owner for more info.

©2020 por PEQUECHOS DA PROFE YOLI. Creada con Wix.com

bottom of page