top of page
Foto del escritorPROFE YOLI

RICAS RECEITAS DE PASCUA

Entramos na celebración da Semana Santa, este ano moi diferente a todos os demais... Pero para animarnos un pouco, e pasar un momento divertido en familia, propóñovos varias receitas.


TORTIÑAS EN FORMA DE COELLIÑO (POSTRE)

Ingredientes:

· 150 gr de fariña de trigo

· 1 cullerada sopeira de azucre

· 8 g de fermento en po

· 1 chisco de sal

· 200 ml de leite (1 vaso)

· Un ovo

· Unha cucharadiña de manteiga

· Un plátano

· Un amorodo

· 2 arandos

· Unha mazá

· Dúas culleradas de iogur e unha roda de queixo

Elaboración:

Para facer as tortiñas pon nun cunco a fariña, o azucre e o sal. Mestúraos ben.

Derrite a manteiga. Para iso, podes poñela nun pequeno vaso durante 5-10 segundos no microondas.

Noutro cunco xunta o ovo co leite e a manteiga, e bate cunhas baleas para que quede perfectamente mesturado. Agrega aos poucos os ingredientes secos e mestúrao todo.

Coloca sobre o lume unha tixola pequena antiadherente (a temperatura media-alta) e bota aos poucos a masa ata que as tortiñas vaian tomando forma.

Para deseñar o coello colle unha tortita grande e outras dúas pequenas nas que deberás colocar tres ou catro tiras de queixo (a modo de bigotes).

Para o nariz utiliza un amorodo cortado, para os ollos, fixa dous arandos sobre dúas culleradas de iogur. Para as orellas, usa dous plátanos. Deseña os dentes con dous anaquiños de mazá.

Podes acompañar o prato con marmelada, nata ou sirope de chocolate.







26 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

XEADO DE FROITA

CONTO ENCADEADO

TRES EN RAIA

Comments


Commenting has been turned off.
bottom of page