Agora que xa temos suficientes propostas de traballo gustaríame que fixeramos un repaso pola rutina de traballo escolar cos vos@s pequech@s.
RUTINA DE TRABALLO ESCOLAR DIARIA:
1. CALENDARIO: rodear no calendario o día no que estamos, riscar o anterior e facer o debuxo do tempo atmosférico. Recalcar a data: “hoxe é luns 27 de Abril de 2020. Estamos en PRIMAVERA”. A maiores nós na clase tamén contabamos, neste caso 27 paus depresores, tantos coma o día no que estamos. Na casa, de non ter pauciños, podemos empregar calquera outro elemento facilmente contabilizable (garavanzos, lentellas, macarróns....). Poñelos de un en un el liña recta, contando en alto ata o número correspondente cada día.
2. TRABALLO DE FICHA (4 días)/PLÁSTICA (1día): Neste trimestre os traballos de ficha vanse centrar na lecto-escritura e na lóxica-matemática. Logo do calendario, haberá un tempo para facer como mínimo, 1 ficha (isto convén que o establezca cada familia, en función da capacidade de traballo e concentración d@ vos@ fill@, do seu estado de ánimo do día, das súas ganas de traballar....). De xeito orientativo, o que vos recomendo é facer días alternos de lóxica e de lecto, deixando un día a semana para actividades plásticas. Deste xeito resultarán 2 días de traballo de lóxica-matemática, 2 de lecto-escritura e 1 de PLÁSTICA.
3. XOGOS PSICOMOTRICES/MERENDA DE ½ MAÑÁ: Logo do traballo de ficha, venlle ben un momento de desconexión. Pode tomar un aperitivo, facer actividades psicomotrices, ver vídeos de cancións...
4. MOEMENTO DE LECTURA: Practicar a lectura cada nen@ no seu nivel, de 15 a 20 minutos aproximadamente. Podedes tamén alternar modalidade de facelo. Un día online en aparatos electrónicos e ao outro día en papel.
Unha rutina así ou similar sería a que máis se asemella ao traballo na escola. Entendo que, logo, cada familia deberá adaptala ás súas circunstancias persoais.
Comments